Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Dende hai trece anos, Fundación Ferama celebra o nadal cos seus usuarios organizando diferentes talleres. En anteriores datas realizamos xornadas de deseño de nosas propias cuncas e vaixelas, agasallos feitos por nós mesmos, creación de adornos con material de reciclaxe, obradoiro de bólas de Nadal e taller de postais elaboradas nos cursos de Inglés e Informática.
Este ano 2020 non podía ser menos, aínda que as circunstancias non nos permiten levar a cabo algunhas actividades, despois de moitas negociacións con Laponia e Oriente, Fundación Ferama convértese en centro oficial de recollida de correo máxico tanto para Papa Noel como para As súas Maxestades Os Reis Magos. Para isto ademais de engalanar as instalacións con adornos feitos por nós e recrear unha ano máis a nosa árbore de libros coa súa caixa de correos máxica, confeccionamos na biblioteca as cartas que recibirán as súas maxestades e Papa Noel.
Pero atención, temos a sorte de estar en contacto directo e permanente cos protagosnistas do Nadal e garantimos que van responder a todas as cartas dos nenas e nenos que llo pidan.