Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación acollerá dende o próximo día 17 de xuño ata o 31 de agosto de 2013, a Exposición do Proxecto Pequenos Grandes Artistas desenvolvido na Escola Infantil de Nogueira de Ramuín "A Galiña Azul".
O obxectivo deste proxecto é achegar as obras pictóricas de Monet, Munch, Van Gogh, Joan Miró e Paul Klee entre outros; e a música clásica ou antiga como Vivaldi, Strauss, Mozart ou mesmo Luar na Lubre e Carlos Núñez ás crianzas, dun xeito divertido, sendo eles os artistas, e relacionándoo coa temática a tratar nesa semana na escola infantil.
Desenvolvemento da actividade:
- Ensinarlle o cadro a tratar nunha fotografía (Bit de intelixencia) ou na Tableta.
- Cada obra fíxose dun xeito e cunha técnica diferente, e dependendo da obra fíxose nunha xornada ou en varias.
- No momento de desenvolver a obra, escoitarase de fondo unha peza musical, elixida para a ocasión, e informámoslle as crianzas como se chama e que é o seu compositor.
As persoas interesadas en visitar a exposición poderán facelo nas datas sinaladas na Aula Multiúsos de Fundación Ferama, nun horario de mañá de 12.00 hrs. a 14.00 hrs. e de tarde de 16.00 a 20.00 hrs. de luns a venres.