Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Como cada ano, a Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia pon a disposición das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia un catálogo de actividades no marco do Programa "Ler Conta Moito" 2015 para a dinamización da lectura dos máis pequenos.
Por primeira vez, a Axencia de Lectura Fundación Ferama é beneficiaria deste programa con dúas actividades. Nesta entidade sabemos da importancia que supón a lectura dende idades temperás, espertando a imaxinación, enriquecendo o seu vocabulario, aumentando coñecemento... polo que nos parece un momento idóneo a execución desta iniciativa na Axencia.
As actividades que se levarán a cabo serán:
- "Día do Libro na Axencia de Lectura", mércores 29 de abril de 2015, ás 18.00 hrs. Espectáculo "Contos ao Revés", sesión de contacontos onde se traballan valores como a igualdade e o respecto a través de divertidos e persoalizados contos clásicos nos que lle damos a volta aos tópicos, as raíñas convértense en reis, as bruxas son boas, os príncipes feos... Está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.
- "Fin de Curso", xoves 18 de xuño de 2015, ás 18.00hrs. Espectáculo "Cuento Contigo", espectáculo de animación á lectura con contacontos, títeres e maxia, interactivo, dinámico e moi divertido. Está dirixido a nenas y nenos de 4 a 11 años.