Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación FERAMA pon en marcha un Concurso de Fotografía Antiga baixo o epígrafe "Nogueira de Ramuín, unha Mirada ao Pasado".
As imaxes son testemuñas do pasado que nos revelan tanto información coma emoción, permitíndonos acceder a coñecemento e explicación dunha época e o lugar en que aquelas tiveron a súa orixe. Cando desaparecen os escenarios, os personaxes e os monumentos, ás veces quedan os documentos. Con esta iniciativa, dende Fundación Ferama preténdese reconstruír fotograficamente a historia de Nogueira de Ramuín, promover e difundir a riqueza cultural, social, monumental e paisaxística, ademais de recuperar as formas de vida anteriores.
O prazo de presentación abranguerá dende o día 27 de marzo ata o 27 de abril de 2015. Durante o mes de maio realizarase a exposición e votación das fotografías presentadas, para o posterior fallo do xurado. Poden consultar as bases do concurso no seguinte enlace: