Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Un ano máis, dende a Axencia de Lectura de Fundación Ferama queremos contribuír coa celebración mundial do Día do Libro.
O Día Internacional do Libro, promulgado pola Unesco, celébrase dende 1996 cada 23 de abril en máis dun centenar de países. O seu obxectivo é fomentar a lectura, a industria editorial e a proteción intelectual por medio do dereito de autor.
Dende Fundación Ferama queremos apoiar activamente estes obxectivos realizando unha actividade de fomento da lectura a través do programa da Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia "Ler Conta Moito".
Xanela Ocio achegaranos "Contos ao Revés", sesión de contacontos onde se traballan valores como a igualdade e o respecto a través de divertidos e personalizados contos clásicos nos que lle damos a volta aos tópicos, as raíñas convértense en reis, as bruxas son boas, os príncipes son feos... Está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.
O lugar de celebración será na Axencia de Lectura o día 29 de abril de 2015 ás 18.00 hrs. Tod@s @s nen@s que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono o 988 20 11 06.