Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Un ano máis damos por finalizado o curso 2014/2015 cunha gran festa de despedida onde ademais da entrega correspondente de diplomas a todos os alumnos e alumnas participantes nas actividades que realizou Fundación Ferama durante este curso, poderemos gozar dunha proposta divertida, participativa, amena e educativa como é o espectáculo "Conto Contigo" de Expresión Producións.
Dende a Axencia de Lectura seguimos apostando pola lectura e nada mellor que facelo realidade cunha actividade de animación a ler con cuentacuentos, monicreques, maxia... enfocada ao mundo dos libros. Con "Conto Contigo" damos por pechado os actos do programa de "Ler Conta Moito" de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración coas bibliotecas e axencias pertencentes.
O lugar de celebración será a Axencia de Lectura de Fundación Ferama o día 18 de xuño de 2015 ás 18.00 hrs. Todos os nenos que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións da entidade ou chamando por teléfono o 988 20 11 06.