Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
O próximo día 10 de marzo de 2016 realizarase na aula Multiusos de Fundación Ferama unha charla informativa dentro do programa "Plan Maior de Seguridade 2016" dirixido á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores e de toda a poboación en xeral. A acción formativa terá o seu comezo ás 16.30 horas, cunha duración aproximada de dúas horas.
O colectivo de persoas maiores de 65anos é o protagonista deste programa impulsado polo Ministerio de Interior, impartido pola Garda Civil; programa especial de seguridade cidadá dirixido a atender as necesidades deste grupo social no noso ámbito máis próximo.
O Ministerio do Interior deseñou e puxo en marcha un plan de actuación policial para mellorar a seguridade das persoas maiores. Este plan enmárcase nas medidas que se desenvolveron nos últimos anos para mellorar os niveis de protección dalgúns colectivos vulnerables (nenos e novos; e mulleres vítimas de violencia de xénero).
Os obxectivos do plan, denominado Plan Maior Seguridade, son esencialmente tres:
1.- Previr as principais ameazas que afectan á seguridade das persoas maiores (malos tratos nas súas diferentes vertentes; roubos e furtos, singularmente na contorna de entidades bancarias; e estafas)
2.- Fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e favorecer que denuncien calquera actuación delituosa que lles afecte.
3.- Perfeccionar a resposta policial na súa atención ás persoas maiores.
As persoas interesadas que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono ao 638 959 688.