Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Como cada ano, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia pon a disposición das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia un catálogo de actividades no marco do Programa "Ler Conta Moito" 2016 para a dinamización da lectura dos máis pequenos.
Por segunda vez, a Axencia de Lectura Fundación Ferama é beneficiaria deste programa con dúas actividades. Nesta entidade sabemos da importancia que supón a lectura desde idades temperás, espertando a imaxinación, enriquecendo o seu vocabulario, aumentando coñecemento... polo que nos parece un momento idóneo a execución desta iniciativa na Axencia.
As actividades que levarán a cabo serán:
- "Día do Libro na Axencia de Lectura", mércores 20 de abril de 2016, ás 17.00hrs. A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.
- "Fin de Curso", venres 17 de xuño de 2016, ás 17.00hrs. Actividade de dinamición da lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é un personaxe moi peculiar que non para de discorrer novas maxias para os nenos e nenas. Esta vez mestura a risa como elemento principal para sorprender aos mais pequenos cos seus hitorias cheas de maxia.