Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Durante o mes de febreiro e con motivo do 25 Aniversario de Fundación San Rosendo, recibimos a visita de diferentes medios de comunicación interesados en particular polas clases de Informática do grupo da Residencia San Martiño de Luintra que pertence á devandita fundación.
O grupo da Residencia San Martiño de Luintra participa nas actividades que desenvolve Fundación Ferama desde o ano 2013. Desde entón asisten unha vez á semana a clases de Informática onde se pretende facilitar ás persoas maiores o achegamento ás tecnoloxías da información e a comunicación, así como estimular a dinámica psíquica dos mesmos.
As novas tecnoloxías permiten aos usuarios da Residencia San Martiño aumentar e mellorar o seu desenvolvemento individual e social, así como optimizar a súa calidade de vida xa que aprenden algo novo ao que dificilmente puideron acceder durante a súa vida.
Nas seguintes ligazóns podemos ver as reportaxes que se dedicaron a esta actividade especialmente rechamante e beneficiosa.
Reportaxe Experiencia Activa Informática. Telemiño
Obradoiro de Informática para maiores en Nogueira de Ramuín. Televisión de Galicia