Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Como cada ano, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia pon a disposición das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia un catálogo de actividades no marco do Programa "Ler Conta Moito" 2017 para a dinamización da lectura dos máis pequenos.
Por terceira vez, a Axencia de Lectura Fundación Ferama é beneficiaria deste programa con tres actividades. Nesta entidade sabemos da importancia que supón a lectura desde idades temperás, espertando a imaxinación, enriquecendo o seu vocabulario, aumentando coñecemento... polo que nos parece un momento idóneo a execución desta iniciativa na Axencia.
As actividades que levarán a cabo serán:
- "Día do libro con Leo Leiño", venres 21 de abril ás 17.00 hrs. Maxia e humor. Ilusión risas e libros xunto con diversión para toda a familia. Coa participación dos nenos e nenas que queiran ser axudantes da maga e facer que todos, e todas o pasen moi moi ben.
- "Día das Letras Galegas con Filipa", venres 26 de maio ás 17.00 hrs. A amiga Filipa, (moneco "muppet") e Francisco, propóñennos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).
- "Fin de curso con Madame Bechamel e Signorina Bolognesa", venres 23 de xuño ás 17.00 hrs. Dúas cociñeiras atoladas e máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto... Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozar e soñar.