Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo seu defensa da devandita lingua. Este ano é especialmente celebrado na nosa provincia xa que o homenaxeado é o escritor ourensán Carlos Casares.
Na Axencia de Lectura Fundación Ferama queremos contribuír con esta celebración en honra aos nosos escritores cunha actividade de fomento da lectura a través do programa da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia "Ler Conta Moito".
Fran Campos e a súa amiga Filipa, (boneco "muppet"), propóñennos, a partes iguais, unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares (Letras Galegas 2017), amenizados con música e canción en directo (guitarra e voz).
O lugar de celebración será na Axencia de Lectura o día 26 de maio de 2017 ás 17.30hrs. Todos os nenos que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións de Fundación Ferama ou chamando por teléfono ao 988 20 11 06.