Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
O próximo día 23 de xuño damos por finalizado o curso 2016/2017 cunha gran festa de despedida onde despois dunha semana de entrega de diplomas, poderemos coñecer os gañadores do concurso "Bo Lector 2017" e gozar dunha proposta divertida, participativa, amena e sobre todo máxica como é o espectáculo "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa " .
"Madame Bechamel e Signorina Bolognesa " son dúas cociñeiras aloucadas e un pouco máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa... ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozar e soñar.
O lugar de celebración será a Axencia de Lectura Fundación Ferama o día 23 de xuño de 2017 ás 17.30 hrs. Todos os nenos e nenas que desexen asistir poden apuntarse nas instalacións da entidade ou chamando por teléfono ao 988 20 11 06.