Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Durante o curso 2016.2017 levou a cabo na Axencia de Lectura Fundación Ferama e dentro da súa progama de Animación á Lectura o "Concurso Bo Lector, Un Premio á Lectura".
Os usuarios infantís e xuvenís que solicitaron o Carné de Bo Lector recibían un selo por cada libro que pedisen en préstamo. Ademais de lelos cubrían unha ficha co título do libro, nome do personaxe principal e un debuxo da parte que máis lle gustou.
Durante a celebración da festa de fin de curso 2016.2017, ademais de gozar dunha animada tarde con "Madame Bechamel e Signoria Bolognesa" e a correspondente entrega de diplomas, tamén coñecemos os grandes lectores da Axencia de Lectura deste ano. Eva Álvarez Pérez, Mauro Fernández Pérez, Nicolás Junco Álvarez, Mauro Debasa Castro e Iago Pérez Prieto recibiron o seu premio á lectura por ser uns grandes apaixonados dos libros.
O premio consistiu na correspondente certificación como excelentes lectores do ano e o libro "A superavoa de Antón", primeiro libro solidario de Meu Rei, Activismo pola Infancia, cuxos beneficios son destinados á Fundación Meniños en Galicia.
Parabén mozos!!