Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Durante o curso 2017.2018 levouse a cabo na Axencia de Lectura Fundación
Ferama e dentro da súa progama de Animación á Lectura o "Concurso Bo
Lector, Un Premio á Lectura".
Os usuarios infantís e xuvenís que solicitaron o Carnet de Bo Lector
recibían un selo por cada libro que pedisen en préstamo. Ademais de
lelos cubrían unha ficha co título do libro, nome do personaxe principal
e un debuxo da parte que máis lle gustou.
Durante a celebración da festa de fin de curso 2017.2018, ademais de
gozar dunha animada tarde cun espectáculo de sombras e a correspondente
entrega de diplomas, tamén coñecemos os grandes lectores da Axencia de
Lectura deste ano. Melisa Leites Florencio, Zaira Rodríguez Campos e
Iago Pérez Prieto recibiron o seu premio á lectura por ser uns grandes
apaixonados dos libros.
Noraboa!!