Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
O día 4 de xullo de 2009 dará os seus frutos o programa de Bolsas de Estudo Ferama 2009 co comezo da apasionante experiencia dunhas vacacións en inglés no prestixioso colexio King´s College Soto de Viñuelas en Madrid, esperando contribuír con éxito tanto na formación educativa como no desenvolvemento persoal das menores bolseiras do Concello de Nogueira de Ramuín.
A selección dos menores que se adscribiron ó programa realizouse a través dos principios de igualdade, mérito e capacidade, en conxunción cos membros docentes do C.E.I.P. de Nogueira de Ramuín, polo que se procedeu á selección de 5 nenas que realizarán dende o 4 ó 18 de xullo de 2009 un curso de aprendizaxe e perfeccionamento da lingua inglesa en Madrid, en réximen de aloxamento e pensión completa, coste que será asumido integramente pola Fundación.
As cinco nenas bolseiras pola Fundación Ferama foron:
Durante quince días participarán nun "English Holiday Camp" onde formarán parte dun programa para o aprendizaxe do inglés confluindo idioma e diversión en diferentes clases amenas e dinámicas, unidas ós deportes e xogos máis variados, favorecendo tamén a oportunidade de aprender valores fundamentais para a convivencia. Ademáis realizaranse excursións para pasar uns días inesquecibles cos compañeiros a Warner Bros Park e outro día en Aquopolis.