Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación Ferama fixo entrega por segundo ano consecutivo do premio da entidade a " toda unha vida de traballo", que recaeu no matrimonio Manuel Novelle Rodríguez e Luz Divina Pato Melón, que rexentan a Casa de Turismo Rural de Luintra "Caserío das Fontes". |
Con motivo da celebración d 2º Aniversario de Fundación Ferama realizado o 27 de novembro de 2009 no Parador de Santo Estevo, entregaronse os "Premios Fundación Ferma 2009"coa asistencia de numerosos veciños do Concello de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de diferentes institucións e entidades.
Fundación Ferama pretende con este premio o recoñecemento daquelas persoas , que de forma constante e firme , silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenrolo cultural , económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín.
O galardón deste ano 2009, consistente en dous efes de plata enlazados(iniciais de Fundación Ferama) sobre una peana de madeira, foi recollido por Manuel Novelle Rodríguez e Luz Divina Pato Melón, matrimonio que rexenta a Casa de Turismo Rural "Caserío Das Fontes" en Luintra dende o ano 2001.
Ata estas datas Manuel Novelle Rodríguez, nado en Vilamayor no Concello de A Peroxa, e Luz Divina Pato Melón, nada en Espartedo no Concello de Nogueira de Ramuín; invertiron tódolos seus esforzos procurando na medida das súas posibilidades xerar riqueza e emprego no seu entorno. Dende a dura situación da emigración a Suiza e Holanda para intentar mellorar e buscar un futuro próspero para a súa familia, pasando polo traballo con animais e de terras que aínda hoxe en día persiste, o matrimonio deuse a coñecer en Nogueira de Ramuín e nos concellos limítrofes pola venta a domicilio de productos de primeira necesidade como fruta, leite, pescado...resultado das súas propias colleitas ou que adquirían na Plaza de Ourense a primeira hora da mañá e repartían polas vilas durante todo o día, ata ben entrada a noite.
No ano 1982 abriron un supermercado en Luintra, non só o primero do pobo e do municipio senón tamén dos primeros da provincia, compaxinando sempre coa venta a domicilio ó seus clientes.
Dende o ano 2001, no que inauguraron a Casa de Turismo Rural, seguen traballando, ademais de mellorando o entorno do seu negocio familiar, participando activamente no incipiente turismo da Ribeira Sacra.