Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación Ferama celebrou o seu segundo ano de funcionamento o 27 de novembro de 2009, cun evento no Parador de San Estevo. Ó encontro anual acudiron numerosos veciños de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de institucións e entidades que quixeron coñecer as actividades realizadas por Ferama durante o ano 2009 así como os obxectivos marcados para o próximo ano 2010.
O acto que contou coa presencia dos fundadores e membros de padronado de Ferama, foi presentado por D. César Blanco Gómez, que realizou un resumen das actividades máis destacadas levadas a cabo pola entidade durante o presente ano, como o programas de bolsas para o estudo de inglés, cursos de aprendizaxe de ferramentas informáticas para os usuarios do Centro de Día de Nogueira de Ramuín, talleres de alfabetización informática para nenos, cursos de iniciación á informática para adultos, a consolidación de Fundación Ferama como Centro Oficial Microsoft, a obtención da certificación en Calidade ISO 9001 e a colaboración na formación dos veciños organizada polo Plan Avanza, do Ministerio de Innovación e Industria.
En canto ós obxectivos para o próximo ano 2010, ademais da continuidade das accións que se realizaron ata o momento, destacouse a adquisición de novos locais para a mellora de actividades , a creación dunha biblioteca e sala de lecturas, e a ampliación do presuposto anual para o ensino de inglés durante todo o ano escolar que se reforzará con profesorado nativo.
O evento contou tamén cunha conferencia do arqueólogo José Manuel Eguileta, qurn desenrolou unha exposición sobre a arqueoloxía en Nogueira de Ramuín.
Ó final do acto D. Félix Rodríguez Domínguez, Presidente da Fundación, fixo entrega do Premio Ferama ó traballo, esforzo e traxectoria persoal ó longo da vida, que este ano recaeu no matrimonio Manuel Novelle e Luz Divina Pato.
Noticia "Xornal Galicia" Segundo Aniversario Fundación Ferama
Noticia "La Voz de Galicia" Segundo Aniversario Fundación Ferama