Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación Ferama apostando polo fomento da formación bilingüe no Concello de Nogueira de Ramuín oferta cursos presenciais de Inglés para tódalas idades e niveis. |
Fundación Ferama dende os seus comenzos en 2007, impulsou a aprendizaxe da lingua inglesa con diferentes actividades. Primeiro co Programa Becas Ferama, mediante o que durante dous anos unha selección de alumnos do colexio público de Luintra participou nun campamento de verán en inglés no prestixioso colexio King´s College de Madrid. Actualmente a entidade aposta pola formación presencial deste idioma, con profesorado cualificado, para toda a poboación interesada de Nogueira de Ramuín, esta vez nas aulas de Fundación Ferama.
A necesidad de aprender inglés aparece de forma cada vez máis marcada en tódolos ámbitos da vida: no traballo, a universidade, a escola e a vida persoal. A globalización, Internet, a televisión e a posibilidad de que a xente goce dun futuro con maiores e mellores oportunidades, son factores que están influíndo para que nos interesemos en falar outro idioma, en especial o inglés.
As persoas interesadas en asistir a estes cursos poden informarse na sede de Fundación Ferama, nos teléfonos 638 959 688/ 988 201 534 ou na dirección info@fundacionferama.org.