Calendario de Mayo | ||||||
L | M | X | J | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Encuesta online | |
Fundación Ferama fixo entrega por terceiro ano consecutivo do premio da entidade a "toda unha vida de traballo", que recaeu en María del Carmen Deber Lorenzo e María Adelina Deber Lorenzo por toda unha vida, 24 horas ó día, dedicada en corpo e alma ó seu sobriño e fillo José Ramón Deber Lorenzo, sendo entregado por D. Félix Rodríguez Domínguez, Presidente de FUNDACIÓN FERAMA. |
Con motivo da celebración do 3º Aniversario de Fundación Ferama realizado o 26 de novembro de 2010 no Parador de Santo Estevo, entregouse o "Premio Fundación Ferama 2010" coa asistencia de numerosos veciños do Concello de Nogueira de Ramuín así como autoridades e representantes de diferentes institucións e entidades.
Fundación Ferama pretende con este premio o recoñecemento daquelas persoas , que de forma constante e firme , silenciosa e humilde, contribuíron co seu traballo e esforzo ó desenrolo cultural, económico, social ou dos valores humáns no Concello de Nogueira de Ramuín.
Estas dúas mulleres excepcionais, foron pai e nai para JOSE RAMON que con 44 anos segue loitando como o primero día,a pesar das circunstancias, sempre miraron hacia adiante; con angustia e ansia ás veces, pero sempre con esperanza e expectativas de futuro; sabendo que sempre hai persoas que os alientan na súa andadura. Moitas das súas vivencias destos anos estiveron marcadas polo sufrimento e suporon ter que enfrentarse a duras probas pero, a pesar diso, estas dúas mulleres ofreceron a súa vida polo seu fillo e o seu sobriño.
O premio deste ano 2010 supón para Fundación Ferama o recoñecemento de persoas como as premiadas, persoas que dedican a súa vida ós demáis, dando sin esperar nada a cambio, persoas que merecen todo o noso eloxio, apoio e admiración. Ademáis dun emotivo homenaxe ó sacrificio nas duras tarefas do campo, á dedicación de 24 horas ó día a José Ramón e moi especialmente ó cariño que durante toda a súa vida lle brindaron, sin esperar nada, salvo unha mirada agradecida.